O pagamento das facturas do Concello a acredores rebáixase a 18 días
Por Redacción
O Concello de Pontevedra rebaixou o período medio de pagamento aos acredores descendeu dunha cifra lixeiramente superior a 29 días que se rexistraba durante 2013 a 18,57 no primeiro trimestre de 2014, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González.
Neste primeiro trimestre do ano aboáronse, segundo o concelleiro, 8.784.000 euros dos que 8.440.000 se realizaron dentro do prazo de 30 días que establece a normativa estatal e 344.000 fóra dese prazo. Raimundo González indicou que o goberno local segue tendo problemas co pagamento de Facenda e coas empresas en concursos de acredores que levan consigo un atraso nos prazos. En todo caso, González afirmou que "os parámetros son moi bos" con 799 facturas pagadas dentro do prazo e 46 fóra dese período de 30 días.
O concelleiro sinalou que os parámetros non son estritamente comparables cos de 2013 porque cambiaron algunhas das indicacións para a contía deses períodos pero, en todo caso, destacou a importancia da rebaixa en relación co último trimestre de 2014 cando se situaba en 29,30 días.