Queixas entre os veciños de Samieira polo estado da Ruta dos Muíños
Por Redacción
A cantidade de auga caída o pasado inverno e o efecto dos duros temporais afectou a un dos maiores patrimonios do Concello de Poio, a Ruta dos Muíños de Samieira.
O seu estado actual provocou a queixa de veciños da zona, que se dirixiron a PontevedraViva expresando o seu malestar.
En concreto as queixas céntranse na vexetación abundante e maleza nalgunhas zonas do camiño, de preto de 10 quilómetros de lonxitude.
A Ruta dos Muíños transcorre pola aba sur do Monte Castrove por unha senda na que se encontran ata 23 destas construcións e varios miradoiros dende os que se pode observar a Ría de Pontevedra.