A queima dun colchón en plena rúa mobiliza os Bombeiros durante a madrugada
Por Redacción
Un incendio provocado pola queima dun colchón na rúa obrigou a mobilizarse aos Bombeiros en plena madrugada.
O suceso produciuse sobre as 6:20 horas deste sábado na rúa Pastor Díaz por causas que polo momento se descoñecen.
A dotación desprazada ata o lugar procedeu a apagar o lume e comprobou que non se produciron danos nos vehículos aparcados na zona nin no mobiliario urbano, agás nunha pequena caixa de cableado que se viu lixeiramente deteriorada pola calor.
Ademais a parede do inmoble lindante mostra agora un aspecto ennegrecido.