O alcalde de Pontevedra pide "grandeza política" ao xefe da oposición
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, expresou o seu cansazo coa actitude política do xefe da oposición municipal, o voceiro do PP, Jacobo Moreira, que ao seu xuízo está sempre en contra de Pontevedra.
"ÿ absolutamente lamentable que Jacobo Moreira estea sempre en contra de Pontevedra, non hai nunca un momento que saia a defender os intereses desta cidade, xustificando que a Xunta non faga nada", afirmou o alcalde.
A reacción do rexedor capitalino prodúcese tras a comparecencia este mércores do concelleiro popular, que volveu esixir ao Concello que poña a disposición da Xunta os terreos necesarios para construír o novo edificio dos xulgados na Parda.
Lores: "A grandeza dun político é saber poñerse de acordo para defender os intereses da súa cidade"
O PP denunciou que este asunto segue bloqueado e apuntou que "esta tiña que ser a única preocupación do alcalde no ámbito xudicial", dixo Moreira. Ao que o alcalde respondeu que "ás veces fai falta que para estas cousas esteamos todos unidos, e onde está a grandeza dun político saber poñerse de acordo para defender os intereses dá súa cidade".
Fernández Lores explicou que se expropiaron os terreos antes das últimas eleccións autonómicas e que o Concello pagou 1,5 millóns de euros. O problema xurdiu á hora de rexistrar dúas pequenas parcelas xa que Renfe as expropiara con anterioridade para as obras do Eixo Atlántico,"pero de todos é coñecido que eses terreos están postose a disposición da Consellería", apuntou.
A Xunta pode facer a obra "cando lle da gana", engadiu o alcalde que só encontra unha explicación para que non o faga "que non quere inverter nesta cidade".
Para argumentar a súa postura Fernández Lores recordou que as obras no Nó do Marco, foron acometidas sen pedir licenza, como a ampliación de Montecelo. "Fixeron igual co colexio de Valdecorvos, ou o Carlos Oroza, marearon a perdiz cos terreos para dicir ao final que non o queren facer".
"Esto me fai sospeitar que ao final é o de sempre, que non queren facer nada, entón botámoslle a culpa ao Concello", dixo o alcalde
"Coma sempre o señor Moreira está xustificando o inxustificable: o non investimento do seu partido nesta cidade. O señor Moreira debe pensar que somos parvos", e engadiu que "este me fai sospeitar que ao final é o de sempre, que non queren facer nada, entón botámoslle a culpa ao Concello"
Por este motivo, Fernández Lores, recordou a Jacobo Moreira que é concelleiro desta cidade e debe defendela por enriba de todo, "moito máis cando temos toda a razón do mundo".
Para subliñar a vontade do goberno local para que se constrúa o novo edificio dos xulgados na Parda e se resolva o problema de falta de equipamentos públicos, o alcalde detallou que o Concello foi o único en gastar diñeiro neste proxecto conseguindo os terreos, nun asunto que non é competencia municipal como a Adminsitración de Xustiza. "Quen non puxo un duro foi a Consellería ata agora", concluiu.