O crime das chinesas de Amado Carballo ten sentenza: 14 anos de prisión para o único procesado
Por Natalia Puga
Zhang Hai Jie, único acusado do dobre crime das cidadás chinesas da rúa Amado Carballo, deberá cumprir 14 anos de prisión como autor dun delito de homicidio coa circunstancia agravante de abuso de superioridade. A condena acábaa de impoñer a Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra sobre a base do veredicto do xurado popular que revisou o caso entre o 18 e o 21 de marzo pasado.
A sentenza foi notificada este xoves 4 de abril ás partes e recolle a petición de condena que realizaran o fiscal do caso, Juan Carlos Aladro, e a avogada da acusación particular, Mercedes Martín-Esperanza, tras coñecer o veredicto do xurado. Ambos os dous solicitaron para o acusado 14 anos de prisión e o pagamento de 120.000 euros en concepto de indemnización á familia da única vítima á que consideran que matou, Guang Qu.
Pola súa banda, o avogado da defensa, Rafael Alonso Fernández, pedía que se condenara ao seu cliente á pena mínima recollida no Código Penal para o delito de homicidio coa circunstancia agravante de abuso de superioridade que lle atribúe o veredicto do xurado.
A sentenza que ditou a presidenta do tribunal, a maxistrada Nélida Cid, tamén confirma a absolución de Zhang Hai Jie do segundo delito polo que lle acusaban, o homicidio da segunda das cidadás chinesas que apareceu morta en abril de 2009 no mesmo domicilio da rúa Amado Carballo, Zung Kun.
O xurado determinou por unanimidade que o procesado matou a Guang Qu, madama da casa de citas que tiñan ambas as dúas na rúa Amado Carballo, tras acudir á vivenda o 26 de abril de 2009 nunha hora non determinada, pero que se sitúa entre as 9.30 e as 18.00 horas, "acompañado por outra persoa non axuizada" neste xuízo (pero que todas as partes identifican como Wen Bin Sun).
Segundo o determinado por unanimidade polo xurado, ambos os dous "interviñeron na execución da morte por asfixia mecánica" e taponáronlle todos os orificios bucais e nasais. Esta "actuación conxunta do outro acusado e outra persoa non axuizada diminuíu notablemente a súa capacidade de defensa" (de Guang Qu).
Sobre a base desta argumentación, consideran o acusado culpable de "dar intencionadamente morte a Guag Qu" e absólveno do segundo homicidio do que o acusaban o fiscal e a acusación particular, o de Zung Kun. Neste caso, a decisión non foi unánime, senón que sete dos nove membros do xurado consideran que non quedou probado" que interviñese na morte e dous que si.
A defensa de Zhang Hai Jie sinalou á saída da sala que esperaría a que se ditase sentenza, pero que case con total seguridade recorrería a mesma, pois inicialmente pedía para o seu cliente a absolución e el mesmo mantívo a súa inocencia en relación con ambos os dos crimes ata o último momento, ata a súa alegación final no xuízo.
Relacionadas:
-
O TSXG conclúe que se vulnerou o principio de presunción de inocencia do axuízado polo crime das chinesas
Por Natalia Puga |
-
Hai Jie Zhang chora de "frustración": absolto, pero internado
Por Natalia Puga |
-
A defensa pide a absolución do único condenado polo crime das chinesas
Por Redacción |
-
O TSXG suspende a revisión da sentenza do crime das chinesas e envíaa de novo á Audiencia
Por Redacción |
-
O TSXG aborda o recurso da defensa do condenado polo crime das chinesas
Por Oskar Viéitez |
-
O xurado declara culpable só dun homicidio o acusado do dobre crime das chinesas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O acusado do crime das chinesas fai o seu alegato: "Si las hubiese matado, me iría del país"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Policía sobre o crime das chinesas: "es imposible que una persona sin complicidad pueda hacer este trabajo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O único acusado polo crime das chinesas de Amado Carballo: "Yo no matar a nadie"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |