Caldas de Reis compite a nivel global no mercado das esponxas vexetais
Por Mónica Patxot
Juan Carlos Mascato e Noelia Torrente, son unha parella de emprendedores que despois de tres anos dende que montaron a empresa Ibérica de Esponxas Vexetais Luffa, presumen de ter clientes en España, Alemaña e Australia.
Ata a finca de A Touza achegouse este luns o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que salientou o potencial innovador nos sectores industrial e cosmético da xoven empresa de Caldas de, que desenvolve esponxas cultivadas de gran lixeireza e resistencia e traballa para substituír o uso de fibras sintéticas por fibras naturais.
"Talento galego" dun produto "capaz de competir a nivel global", salientou Conde xa que non só cultiva un produto practicamente inexistente en Europa, senón que ofrece un exemplo de viabilidade empresarial no rural grazas a tres anos de investigación para dar coa esponxa que conte coa mellor fibra mediante cruces xenéticos, que permitiu un produto galego superior ao da competencia.