Dez persoas con discapacidade formaranse como caixeiros de supermercado a través de Cogami
Por Redacción
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade de Pontevedra (COGAMI) organiza un curso para dez persoas con discapacidade que se desenvolverá en Pontevedra para persoas que proceden de Meis, Moaña, Caldas de Reis, Poio e de Pontevedra.
Este martes, 1 de abril, dende as 9:00 e ata as 14:00 horas, inicia na aula de formación dun supermercado da cidade un curso de formación profesional para caixeiros de establecemento. Os participantes son 4 mulleres e 6 homes que recibirán 70 horas de clases teóricas materias como a orientación no mercado de traballo, atención ao cliente, formación dun módulo de seguridade e hixiene, onde obterán o carné de manipulador de alimentos. Ao remate do curso, os alumnos realizarán as prácticas nos establecementos da cadea de supermercados.
Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar.