En Marín o número de delitos descendeu un 1,42% no ano 2013 respecto ao ano anterior
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, copresidiu, xunto coa alcaldesa, María Ramallo, a reunión da Xunta Local de Seguridade de Marín, á que tamén asistiron representantes municipais, da Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Mª Paz Pérez Asorey.
En Marín o número de delitos en 2013 con respecto a 2012 descendeu un 1,42% e nos dous primeiros meses de 2014, en comparación con 2013, a diminución foi do 36,36%.
Antonio Coello afirmou que "estos resultados no son fruto de la improvisación sino del trabajo y de la planificación".
Por último, na reunión os asistentes tiveron palabras de recordo para a última vítima de violencia de xénero deste municipio, María Isabel Pérez Fraga, acontecido en decembro de 2013.
Así mesmo, Antonio Coello adiantou que a Policía Nacional detivo, este xoves, dúas persoas in fraganti mentres intentaban roubar nunha vivenda da rúa Inferniño de Marín.