O PP proporá o nome de Adolfo Suárez para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular proporá á corporación de Pontevedra que a rúa resultante do desdobramento da Avenida de Vigo leve o nome do ex-presidente Adolfo Suárez.
O voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, levará ante un próximo pleno municipal unha moción para acadar este acordo e que a nova vía sexa bautizada como avenida de Adolfo Suárez.
O PP entende que deste xeito pódese honrar a memoria do que fora o primeiro presidente da democracia de España. "Non só sería unha homenaxe á súa figura, senón que permitiría recoñecer a súa vinculación con Pontevedra", apuntou Moreira.
Os populares consideran idóneo o nome para esta nova rúa, aproveitando tamén que o Concello fixera público no pasado mes de febreiro que a institución buscaba unha denominación para o nova estrada e que se estaban a barallar distintas alternativas tanto de topónimos tradicionais como de personaxes ilustres.
Relacionadas:
-
O PP insiste en chamar Adolfo Suárez ao desdobramento da avenida de Vigo e buscará consenso
Por Redacción |
-
As ofertas para o desdobramento da avenida de Vigo péchanse en 17
Por Redacción |
-
O goberno local critica o oportunismo do PP por "eludir o consenso" respecto a Adolfo Suárez
Por Oskar Viéitez |