Monte Porreiro fai picadillo ao porco
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A praza de Europa, no barrio pontevedrés de Monte Porreiro, acolleu a primeira edición da Festa da Exaltación da Zorza.
A ración, acompañada de patacas e viño, custaba cinco euros.
Monte Porreiro súmase con esta primeira edición da súa festa culinaria a outras tantas celebracións que ao longo de toda Galicia renden obediencia a este popular prato.
Entre as máis coñecidas están a Festa da Zorza de Camariñas, a dos veciños de Liñao, en Negreira; a Xornada Gastronómica Zorza con Patacas e Ovos Estrelados de Ribadeo, a Festa da Zorza e da Tortilla de Besada en Fornelos de Montes, as de Maceda, A Guarda e tamén O Porriño, onde coinciden dúas parroquias na súa rivalidade pola zorza: a parroquia de Pontellas e a do barrio da Gándara.
Como aliciente, en Monte Porreiro, tras facer condimento ao porco e degustalo como zorza, pola tarde saiu dende o miradoiro o desfile de Entroido.