Abre as súas portas The Basset Beer Club, novo pub inglés en Pontevedra
Por Redacción
Especializado en cervexas de importación e a mellor selección de whiskeys. Situado no número 4 da avenida de Santa María, The Basset Beer Club é un novo pub inglés que abre as súas portas en Pontevedra a partir do venres, 14 de marzo.
Situado nas mesmas portas da zona monumental pontevedresa, The Basset Beer Club nace con vocación de converterse en punto obrigado de encontro dos amantes das mellores cervexas de importación, ou de todos aqueles que queiran degustar un selecto whisky, nun ambiente agradable, dende primeiras horas da tarde, ata ben entrada a noite.
O novo local, rexentado por tres novos socios pontevedreses con ampla experiencia no sector hostaleiro, inicia a súa andaina ás 18:00 horas do venres, pero a partir deste momento o seu horario de apertura comezará todos os días ás 16:00 horas.
Os seus propietarios, Luis Hama, Anxo e Luis Alberto garanten a excelencia tanto na atención ao público coma no produto que o novo local pon a disposición dos seus clientes, coa confianza de poder satisfacer aos padais máis esixentes.
The Basset Beer Club quere ser pronto unha referencia de calidade en Pontevedra e un lugar especial onde gozar dun ambiente agradable sólos ou en compañía de amigos.