Unha muller e un neno sofren queimaduras pola explosión dunha bombona na Illa de Arousa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha bombona de butano que estouraba nun domicilio causaba queimaduras a unha muller e a un neno na Illa de Arousa.
O suceso rexistrábase, segundo o servizo do 112 Galicia, minutos antes de as 15.00 horas deste luns 24 nunha vivenda situada na Travesía do Castro, no municipio arousán.
Un particular alertaba ao 112 sinalando que se producira unha explosión pero sen que se rexistrase un incendio na vivenda.
Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia avisábase ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Salnés, Policía Local da Illa e a Garda Civil de Pontevedra.
Os bombeiros detectaron que se rexistrara unha fuga de gas na bombona e a explosión, orixinada ao prender o quentador da casa, causou danos noutras dúas vivendas.
A dotación de Bombeiros do Salnés encargábase de limpar de entullos a vivenda e comprobar a tubaxe do inmoble para revisar a instalación na contorna do quentador.
A muller foi trasladada por queimaduras a un centro hospitalario pola ambulancia do 061, mentres que o menor non precisou a evacuación.