Eucaristía e lambiscada para homenaxear os 68 anos de historia dos Misioneiros do Sagrado Corazón
Por Anxo Lourido
Os Misioneiros do Sagrado Corazón anunciaban a finais de maio que, a partir do 1 de setembro, deixarán de xestionar o centro educativo pontevedrés, que eles puxeran en marcha en 1956 coa idea de promulgar a espiritualidade de Julio Chevalier.
Desde o equipo directivo do centro escolar anuncian, como despedida, a celebración dunha Eucaristía de Acción de Grazas dedicada a este colectivo.
Será o venres 28 de xuño na parroquia da Virxe do Camino, a partir das 19.30 horas.
O acto estará presidido polo Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto.
Ademais, está previsto que acudan Misioneiros do Sagrado Corazón procedentes de diferentes lugares da xeografía española.
Tras o acto relixioso, o equipo directivo anuncia tamén unha "sinxela lambiscada" no salón parroquial.
Sinalan que este evento é un agradecemento ao traballo realizado no campo educativo e evanxelizador desde este Colexio en colaboración con diversas institucións e persoas de Pontevedra.
O centro escolar, con 1.200 estudantes e noventa docentes, pasará o 1 de xuño a integrarse na Fundación Educativa Jesuitinas.