Unha limpadora do CHOP, "Premio 8 de marzo" de UGT
Por Redacción
O Premio 8 de Marzo 2014 que concede todos os anos a Executiva Comarcal do sindicato UGT Pontevedra - Arousa recaerá en María del Carmen Casalderrey García, unha traballadora do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Esta muller leva 39 anos como traballadora neste servizo e recibirá o recoñecemento sindical con motivo do día Internacional da Muller Traballadora. A proposta foi realizada pola Federación de Servizos de UGT Pontevedra. e aprobada pola Executiva Comarcal durante a xornada do 26 de febreiro.
En 2013 o Premio fora outorgado a María Luisa de Sáa Fernández (Marisa), mestra de profesión e afiliada no sindicato dende 1982.
Relacionadas:
-
Carmen Casalderrey 'Carmiña', a mellor representación da muller traballadora na UGT
Por Redacción |
-
As pontevedresas asinan menos contratos laborais que os homes, pero conseguen máis indefinidos
Por Natalia Puga |
-
"As mulleres estamos decididas a formar parte do mundo do traballo e a non abandonalo"
Por Natalia Puga |
-
UGT entregará o premio á muller traballadora á profesora e sindicalista, Marisa de Sáa
Por Redacción |