A Xunta segue pospoñendo a súa decisión sobre a prórroga de ENCE
Por Redacción
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou este mércores en Pontevedra que aínda non recibiu unha resposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente á consulta formulada pola Xunta para que tramitase o decreto de desenvolvemento da modificación da Lei de Costas antes de elaborar o informe "determinante" que o Goberno galego ten que emitir sobre a solicitude de prórroga da concesión de Ence.
Nunhas declaracións efectuadas a Faro de Vigo e PontevedraViva na Deputación de Pontevedra, o conselleiro confirmou que a Xunta no emitirá ainda o seu informe sobre a prórroga de Ence en Lourizán.
Esa solicitude encóntrase dende hai mes e medio en poder do Executivo autonómico tras serlle remitida por parte do Ministerio. Para Agustín Hernández trátase dun requisito "imprescindible", polo que a solicitude da empresa pastera "non se debe tramitar agora", segundo dixera.
REDUCCIÿN DE BENEFICIOS
Ence rexistrou un resultado neto de 3,7 millóns de euros en 2013, o que supón un descenso do 92 por cento respecto ao exercicio precedente, debido ao impacto da reforma eléctrica, segundo informou este mércores a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Os demais parámetros do negocio de celulosa de 2013 foron positivos. Ence logrou aumentar a súa produción, as súas exportacións, así como a súa cota de mercado en Europa ata o 16%.
Pero a pesar deste bo exercicio operativo do negocio de celulosa, Ence podería pechar o ano 2013 en perdas, que poderían elevarse a 26 millóns de euros se non tivesen éxito as alegacións á reforma presentadas pola compañía.
Segundo datos da compañía pastera, sen a reforma eléctrica, Ence tería obtido uns beneficios de 56 millóns de euros.
Segundo o grupo, o bo nivel de prezos da celulosa en 2013 e a venda de activos non estratéxicos permitiron reducir a débeda financeira da compañía ao 50%, que quedou situada en 100 millóns de euros a final do exercicio.
Relacionadas:
-
O Goberno central frea o informe sobre a prórroga de ENCE ata que entre en vigor a Lei de Costas
Por Redacción |
-
O PSOE advirte que a Xunta "parece disposta" a prórrogar a concesión de Ence pola vía do silencio administrativo
Por Redacción |
-
O Goberno traslada á Xunta a solicitude de prórroga de ENCE para seguir en Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta renova os permisos ambientais de Ence e Elnosa porque "son prórrogas obrigadas"
Por Redacción |
-
Ence solicita oficialmente unha prórroga para seguir en Lourizán máis alá do 2018
Por Oskar Viéitez |