Desterran á familia do xitano detido por matar a súa esposa para evitar "baños de sangue"
Por Redacción
María Luisa Jiménez Jiménez, a muller desaparecida o domingo en Vilaboa, morreu asasinada a mans do seu marido, José Luís Cortiñas Romero. Así o recoñeceu el mesmo recoñeceu ante a xuíza. Este suceso conmocionou profundamente á comunidade xitana en Galicia, á que pertencían tanto a vítima como a súa parella. Pero as consecuencias deste crime tamén as sufrirán os familiares do agresor.
Nun comunicado, a Sociedad Gitana de Galicia condena este crime e confía en que "recaia todo o peso da lei sobre o culpable". O colectivo, representado por Sinaí Giménez, sinala que, en aplicación da Lei xitana, resolveuse a expulsión de calquera familiar do marido da vítima das provincias de Pontevedra e A Coruña para "evitar baños de sangue".
A Sociedad Gitana de Galicia "condena rotundamente calquera tipo de violencia contra as mulleres" e fai un chamamento para que imperen "a tranquilidade e a paz", e así evitar "calquera tipo de enfrontamento que poida acabar en desgrazas". Pero reitera que "toda a sociedade xitana apoia á familia da falecida e está en contra deste asasino e de todos os seus familiares directos".
En todo caso, reiteran que non se trata de "un homicidio, senón de dous", ao estar embarazada a vítima, e reproba o feito de que "exista un secuestro e unha morte preparada e organizada polo culpable, xa que utilizou o engano e a falsidade para levarse á forza a esta muller e despois asesinala e enterrarla".
A asociación conclúe o seu comunicado agradecendo o traballo desenvolvido polas forzas e corpos de seguridade e comínaos a realizar "aquelas accións que consideren oportunas para seguir evitando calquera tipo de enfrontamento".
Relacionadas:
-
A filla maior da muller de Vilaboa asasinada pola súa parella recollerá sinaturas para esixir cadea perpetua
Por Redacción |
-
Dor en Figueirido: "Nunca se ha visto esto entre gitanos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Antonio Coello: "En nuestra Constitución no existe el destierro, hay otras medidas penales"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Atopan o cadáver da muller desaparecida en Vilaboa tras confesar o seu home o crime
Por Redacción | Creada e actualizada