A empresa Antares Forwarding, nova consignataria do Porto de Marín
Por Oskar Viéitez
A empresa Antares Forwarding S.L solicitou a súa autorización para a prestación do servizo comercial como consignataria de buques no Porto de Marín.
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria, celebrado este xoves, aprobou a autorización que se outorga por un prazo de 5 anos renovable.
Antares Forwarding S.L é unha empresa transitaria e consignataria situada no porto de Vigo e Vilagarcía de Arousa e conta cunha rede de axentes con cobertura nacional e internacional.
Entre outros asuntos, o Consello de Administración tamén aprobou a concesión administrativa para a instalación do emisario submarino de Montalvo que mellorará os sistemas de depuración e saneamento dos Concellos de Sanxenxo e Poio, no tramo que discorre pola Zona II ou zona exterior das augas sobre as que ten competencias o Porto de Marín.
O Consello aprobou ademais unha instalación fotovoltaica para autoconsumo na cuberta da nave que a empresa Pérez Torres Marítima ten na terminal de contedores Termarín.