Denunciado por empregar unha tarxeta de discapacitado dunha muller falecida en 2022
Por Oskar Viéitez
Denunciado un matrimonio por empregar unha tarxeta de discapacitado dunha muller falecida en 2022.
A pasada Semana Santa a Policía Local de Pontevedra recibiu o aviso dun posible uso fraudulento dunha tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade na rúa Alfonso X.
Os axentes retiveron o vehículo e confirmaron que os seus usuarios, un matrimonio, estaban a empregar a tarxeta que pertencía á nai da muller que falecera había dous anos.
Os axentes fixeron a denuncia e ordenaron a retirada do vehículo ao depósito municipal coa orde de que foran advertidos os seus propietarios cando pasasen recoller o vehículo. O dono presentouse no depósito do guindastre horas despois e recoñeceu que descoñecía que a súa muller estaba a empregar a tarxeta da súa nai.
A Policía retirou a tarxeta e tramitou a pertinente denuncia.
Relacionadas:
-
A Deputación e Cogami estudan novas vías de colaboración conxunta
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio recupera un cabrito roubado
Por Redacción |
-
Unha denuncia por violencia de xénero acaba en condena a pesar de que nin agresor nin vítima acudiron ao xuízo
Por Natalia Puga |
-
Dous xuízos por tráfico de drogas polo miúdo en Pontevedra e Sanxenxo acaban en conformidade e ano e medio de cárcere
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous detidos por vender droga polo miúdo en Marín a bordo dunha bicicleta e un patinete
Por Redacción |