A Fundación Xoán XXIII encargarase do coidado do parque da natureza de Barosa
Por Redacción
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o director xerente da Fundación Xoán XXII, Diego Chapela, subscribiron este martes un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, a través do cal o Concello de Barro contribuirá a que a Fundación poida seguir adiante co seu labor social.
A Fundación Xoán XXIII é unha entidade sen ánimo de lucro que leva máis de 50 anos traballando pola inserción sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade psicosocial.
Abraldes quixo pór en valor o importante traballo social desta entidade e destacou que o obxectivo do concello de Barro é colaborar coa Fundación Xoán XXIII para que poidan seguir adiante co seu "importantísimo labor social" formando e axudando á inserción laboral de persoas con dificultades.
O alcalde asegurou estar moi contento porque "Barro vai contar con xardineiros e xardineiras de luxo. Na Fundación Xoán XXIII hai persoas con moita experiencia e con moitos coñecementos en xardinería e farán un traballo espectacular para que tanto a veciñanza de Barro como os visitantes poidan gozar deste entorno marabilloso".
Coa sinatura deste convenio a Fundación farase cargo durante todo o ano do mantemento de todas as zonas verdes do parque da natureza das Fervenzas de Barosa coas persoas que traballan e forman na Fundación.
Relacionadas:
-
A marinense Miss Lugo imparte un obradoiro de pasarela no Xoán XXIII
Por Oskar Viéitez |
-
Estudantes con discapacidade intelectual da Asociación Xoán XXIII fórmanse para ser guías turísticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fundación Xoán XXIII e a Asociación Virxe da O reciben máis de 50.000 euros da Deputación
Por Redacción |
-
Unha oportunidade laboral para Silvia aos 39 anos: "Aprendín moito e ben"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |