Retencións na AP-9 polo envorco dun vehículo á altura de Salcedo
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A partir das nove da mañá deste martes producíronse retencións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Pontevedra por mor dun accidente de tráfico.
Poucos minutos antes envorcaba un vehículo en Salcedo. Circulaba en sentido Vigo e, á altura do desvío cara a Marín, envorcou.
O condutor saíu polo seu propio pé do vehículo, pero, igualmente, pediuse a presenza na zona dos servizos sanitarios para realizarlle unha valoración.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o accidente puido ser motivado por un descoido. Así, fontes oficiais indican que "os particulares informaban de que podía ser porque quedou durmido ao volante".
Ademais dos servizos sanitarios, desprazouse ata o lugar a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo de mantemento da estradas.
As cámaras da DXT recolleron retencións na zona e reportaron "conxestión" por circulación irregular ao longo de dous quilómetros, entre A Barca e O Xistro, pola presenza do vehículo na vía. Estas retencións prorrogáronse durante más de dúas horas.