Sanxenxo abre o período para solicitar prazas de novo ingreso nas escolas infantís municipais
Por Redacción
A concellería de Educación de Sanxenxo abre este martes 19 de marzo o prazo de solicitudes de novo ingreso nas Escolas Infantís Municipais do Tombo e O Revel para o curso 2024/25.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 5 de abril, segundo informa o goberno local.
Fóra desta xanela só se poderán presentar novas solicitudes no caso de nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao peche do prazo, por cambio de concello de residencia da unidade familiar ou outras circunstancias familiares debidamente xustificadas.
As solicitudes deberán ser presentadas preferiblemente na sede electrónica (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal), aínda que tamén poderán formalizarse no rexistro municipal mediante o formulario dispoñible na páxina web municipal.
Unha vez resolta a adxudicación de prazas, as familias deberán formalizar a matrícula entre o 10 e o 21 de xuño.
As prazas dispoñibles para o curso 24/25 nas escolas infantís municipais de Sanxenxo son:
- O Tombo
- Idade 0-1: Oito prazas
- Idade 1-2: Cinco prazas
- Idade 2-3: Oito prazas
- O Revel
- Idade 0-1: Quince prazas
- Idade 1-2: Dez prazas
- Idade 2-3: Trece prazas