Susto en Camiño de Ferro polo incendio de dous coches dentro dun garaxe
Por Redacción
Un incendio que se rexistrou nun garaxe de Camiño do Ferro, xunto a Vialia, acendeu todas as alarmas. O lume afectou a dous coches que estaban aparcados no seu interior, pero por seguridade os servizos de emerxencia optaron por desaloxar o edificio.
O suceso rexistrouse preto das cinco da tarde, segundo informou o 112 Galicia.
Foi un particular o que alertou a emerxencias ao advertir o incendio
Explicou que estaba a arder un coche e que había máis turismos situados ao seu lado, que ameazaban con verse afectados polas chamas.
Ata o lugar trasladáronse efectivos dos bombeiros de Pontevedra, que tras sufocar as chamas confirmaron que arderan dous coches.
Ademais, o incendio provocou unha gran fumareda que se estendeu polo inmoble, o que obrigou aos bombeiros a ventilar todas as instalacións antes de finalizar o seu operativo.
Non se rexistraron danos persoais, segundo o 112 Galicia, que mobilizou ata o lugar a persoal sanitario do 061, axentes da Policía Local e da Policía Nacional e voluntarios da agrupación de Protección Civil de Pontevedra.