Detida por violación de morada a dona dun piso que entrou a botar aos seus inquilinos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A Policía Nacional de Pontevedra detivo na tarde deste venres dúas persoas en Pontevedra despois de entrar nun piso do que unha delas é propietaria para botar aos inquilinos.
A muller ten un piso que aluga por habitacións na rúa Isidoro Millán Mariño de Pontevedra, na zona de San Antoniño, e quere botar aos seus inquilinos por desavinzas. Este venres acudiu acompañada por un home e ambos acabaron detidos.
Segundo informaron fontes policiais, entraron no domicilio e produciuse un enfrontamento entre eles dous e a inquilina dun das habitacións, encerelláronse e pelexaron e, cando a inquilina pretendía gravar a súa actuación co teléfono móbil, quitáronllo.
Finalmente, foron detidos por violación de morada, pois o piso é seu, pero é a vivenda doutra persoa á que llo alugou. Tamén lles atribúen o delito de roubo polo ocorrido co teléfono móbil.
Ata o lugar desprazáronse, sobre as 16.00 horas da tarde deste venres tres patrullas da Policía Nacional e un furgón da Policía Local.