Os alcaldes apelan á "presión popular" para frear a reforma sanitaria
Por Oskar Viéitez
Os alcaldes nacionalistas e socialistas da comarca de Pontevedra escenificaron este xoves a súa unidade nunha fronte común contra a reorganización da área sanitaria e facer un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra.
Na sala de prensa do concello capitalino compareceron o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), o de Poio, Luciano Sobral (BNG); de Bueu, Félix Juncal (BNG); de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey (PSOE) e Vilaboa, José Luis Poceiro (PSOE); ademais do tenente de alcalde de Pontevedra, Antón Louro (PSOE), o voceiro municipal do PSOE en Barro, José Sanmartín, e a concelleira de Anova de Bueu, Laura Ogando.
Todos eles apelaron á "presión popular" para cambiar a reforma sanitaria da Xunta, e admitiron estar "preocupados polo importante risco de pérda da Sanidade, tal é como a coñecemos, Pública, Universal e Gratuíta".
Entre outros argumentos para saír á rúa en manifestación este venres 14 os alcaldes citaron a falta de investimento sanitario na comarca, os recortes de servizos, a perda de especialidades, e demandaron "un Hospital ÿnico Público na comarca".
Finalmente os rexedores recordaron que "os cidadán sempre teñen a última palabra" polo que animaron a "manifestar o desencanto na rúa" a pesar de mal tempo, "e se chove que chova", chancearon.