Detido un mozo de 24 anos que tratou de roubar dous xamóns nun supermercado de Pontevedra
Por Natalia Puga
A Policía Local detivo o sábado un mozo de 24 anos que presuntamente intentou roubar dous xamóns dun supermercado da cidade.
Este sospeitoso colleu dous xamóns e saíu correndo sen pararse na caixa. O vixiante presenciou os feitos e correu detrás do ladrón, de tal maneira que acabou deixando os dous xamóns.
Trátase de dúas pezas valoradas en 104 euros e, a continuación, despois de recuperalos, o vixiante alertou á Policía.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 19.00 horas e finalmente conseguiron deter esta persoa noutro punto da cidade.
Lograron identificalo polas imaxes gravadas do supermercado.