Chegou o día: 773.522 pontevedreses están chamados a decidir o futuro de Galicia na provincia, 66.791 na capital
Por Natalia Puga
Alfonso Rueda (PP), Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSOE), Marta Lois (Sumar), Isabel Faraldo (Podemos), Amando Ojea (Democracia Ourensana), Pachi Vázquez (Espazo Galeguista) e Álvaro Diaz-Mella (Vox). Son os principales candidatos que este domingo 18 de febreiro encabezan as papeletas nunha xornada decisiva para Galicia, as eleccions autonómicas.
Entre estas e outras candidaturas deberán elixir os galegos e galegas ao seu futuro presidente da Xunta, apostando pola continuidade de Alfonso Rueda ou por un goberno de cambio que, segundo as enquisas, estaría liderado por Ana Pontón.
En toda a comunidade están chamados a votar 2.217.089 electores en 3.951 mesas electorais. Deles, 773.522 son da provincia de Pontevedra e 66.791 da capital.
Nos 61 municipios da provincia constituiranse 1.343 mesas distribuídas en 661 locais electorais. Nelas poderán votar os 773.522 electores e electoras residentes na provincia (CER,), do total das 911.704 persoas que compoñen o censo electoral en Pontevedra. As 138.182 persoas restantes son residentes no estranxeiro (CERA).
No municipio de Pontevedra poder depositar unha papeleta na urna este domingo 66.791 persoas en 106 mesas.
Para garantir que a xornada electoral se desenvolva sen incidencias, a Delegación do Goberno deseñou un dispositivo a cargo das Forzas e Corpos de Seguridade estatais, autonómicos e locais con 2.277 efectivos. Todos traballarán para garantir a normalidade no exercicio do dereito ao voto durante esta xornada.
Na provincia de Pontevedra, a Garda Civil despregará 1.180 axentes e a Policía Nacional, outros 819 axentes. Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita da Policía Nacional sumará 38 efectivos e os distintos corpos de Policía Local, 240.
Relacionadas:
-
O PP, primeira forza en 54 concellos de Pontevedra; o BNG, nos outros sete
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda contén o tirón de Ana Pontón e revalida a maioría absoluta do PP en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
As "boas vibracións" de Besteiro fan que espere un "día histórico"
Por Oskar Viéitez |
-
A mobilización da tarde sobe a participación seis puntos por encima de 2020
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Rueda espera que Galicia sexa "exemplo de participación" e comparte o seu "optimismo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Campo Lameiro, primeiro concello en constituír todas as mesas e Vigo, o último de Galicia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Homenaxe, vermú, camiñada, parapente, fútbol... unha xornada de reflexión moi variada
Por Natalia Puga |
-
Xornada de reflexión "por e para as familias do Villa de Pitanxo e todas as familias do mar"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |