O incendio dun coche provoca retencións en José Malvar
Por Oskar Viéitez
Os bombeiros de Pontevedra acudiron pouco antes das nove da mañá deste luns para apagar un incendio nun vehículo que circulaba pola rúa da Seca.
Por causas que se descoñecen o motor do vehículo empezou a arder.
O condutor e único ocupante do coche saíu ileso.
Como consecuencia deste suceso e mentres duraron os traballos de extinción e retirada do coche incendiado, a Policía Local cortou o tráfico neste vial o que provocou máis retencións das habituais na rúa José Malvar, ao impedir aos vehículos virar na rotonda para dirixirse ao barrio de Valdecorvos.
Relacionadas:
-
O consorcio provincial contraincendios e os representantes sindicais dos bombeiros chegan a un acordo
Por Redacción |
-
Rescatan unha gaivota que quedara atrapada nun balcón
Por Natalia Puga |
-
Aparatoso accidente en Salcedo ao chocar un camión con varios coches aparcados
Por Natalia Puga | Creada e actualizada