O BNG en Poio denuncia abandono en mantemento, limpeza e servizos
Por Redacción
O grupo municipal do BNG en Poio denuncia abandono por parte do goberno local no mantemento, limpeza e servizos do municipio. Un abandono que atribúen a un recente anuncio de rebaixa de preto de 200.000 euros en gastos correntes durante o segundo semestre do ano.
Exemplos destas declaracións da formación política nacionalista son a falta de pintado da sinalización vertical de tráfico, falta de corrección dos accesos en prazas de estacionamento de nova creación para mobilidade reducida, depósitos de entullo en Lourido, Áncar ou A Canteira de Graña, ou a imposibilidade de uso dos baños de Lourido ou de Laño. Citan igualmente ausencia de mantemento nas futuras sendas azuis cun mobiliario deteriorado, ou en zonas verdes e parques públicos como os de Combarro ou A Reiboa.
Desde o BNG fixeron constar tamén estas queixas na Comisión de Urbanismo instando a que se limpase en Combarro a zona onde arderon dous contedores de lixo. Engaden que "son moitos os veciños que nos trasladan denuncias sobre o estado de fochancas, asfalto levantado e falta de roza".
Relacionadas:
-
Escolares de Poio coñecen in situ como funciona o seu concello
Por Redacción |
-
Un lavadoiro de San Xoán de Poio, danado polo accidente dun coche
Por Redacción |
-
Domingo de paseo en Laño para poñer en valor os sendeiros azuis
Por Redacción |
-
A ampliación do Campiño e a reactivación de Fragamoreira, prioridade do BNG se goberna na Xunta
Por Redacción |