O complexo deportivo de Rías do Sur reabrirá as súas portas o 12 de febreiro
Por Alejandro Espiño
A través das redes sociais, a fundación Rías do Sur anunciou que o complexo deportivo das súas instalacións, pechado ao público desde abril de 2022, reabrirá as súas portas moi pronto. Poñen mesmo data para esa ansiada reapertura, o próximo 12 de febreiro.
Aínda que por agora non dan moita información respecto diso, desde a fundación sosteñen que a partir do 5 de febreiro abrirá o prazo de preinscrición e atenderase os interesados na recepción do complexo deportivo.
"Nada é como o lembras. Volvemos pero desde cero: novo equipo, nova imaxe, novos materiais, novos soños, e moita moita enerxía", subliñan nas redes sociais.
Rías do Sur reabre, segundo aseguran os seus responsables, para "construír unha comunidade chea de coidado persoal, valores e deporte" e afirman que ofrecerán un "ambiente enerxético, adestramentos innovadores, piscinas, clases dirixidas e un equipo apaixonado".
Relacionadas:
-
Alberto Castro: "Queremos que Ponte Muíños se converta nunha sede nacional, estamos a negocialo"
Por Diego Espiño |
-
O Nacional Master de Natación de Inverno, unha competición coa que Rías do Sur pecha o círculo
Por Diego Espiño |
-
Desbloqueado "o último obstáculo" para a posible apertura do Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Almu Dapena |
-
O PP reclama que se poña en marcha o "convenio incumprido" para reactivar o Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Redacción |
-
Os clubs xa gozan da piscina olímpica, que será accesible para toda a cidadanía "en setembro ou outubro"
Por Diego Espiño |
-
O Concello investirá 200.000 euros para que os clubs poidan adestrar e competir nas piscinas de Rías do Sur
Por Almu Dapena |