A Xunta desbloquea o proxecto de ampliación do Campiño
Por Redacción
A tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial do Campiño desbloquéase.
Así o anunciou nunha visita ao polígono indiustrial pontevedrés a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, confirmando que o goberno autonómico investirá máis de 260.000 euros na redacción do plan estructurante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a urbanización da ampliación do Campiño, tal e como pubica este luns a plataforma de contratos públicos de Galicia.
"Despois da planificación que fixo a Xunta de Galicia para os próximos anos e despois de ter aprobado con modificacións o plan sectorial de áreas empresariais de Galicia e da análise realizada, vimos a ben que tiñamos que ampliar este polígono industrial no cal xa non temos parcelas á venda", explicou a conselleira.
Esta actuación "vai a supoñer unha ampliación de máis de 300.000 metros cadrados", segundo Vázquez.
Este documento, xunto co proxecto de urbanización, definirá o número de parcelas e o seu tamaño, as prazas de aparcamentos ou as zonas verdes a desenvolver, entre outras cuestións.
"En dez ou doce meses os propietarios que queiran optar a solo neste polígono poderán saber onde poderían situarse e as condicións", sinalou a conselleira.
Ademais, este proxecto complementará o solo industrial dispoñible na coñecida como central de transportes e no parque empresarial da Reigosa, ambos en Ponte Caldelas.
A titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reiterou que "temos que seguir impulsando" este polígono, xa que sumadas estas tres áreas, é "un dos grandes polígonos de Galicia" con máis dun millón de metros cadrados de superficie.
O mundo empresarial, segundo Ángeles Vázquez, "está a moverse moito" e as compañías diríxense á administración "e pregúntannos as características" do chan dispoñible e, en función diso, "vanse situando" e no Campiño "agora non tiñamos opción para eles".
"Si tivemos con conversacións con empresas que querían optar a solo na zona, por tanto entre a demanda dos actuais propietarios e estas conversacións viamos prioritario facer esta ampliación", subliñou Vázquez.
Segundo explicou, o goberno galego as empresas interesadas en participar na licitación e acceder ao contrato teñen de prazo ata o próximo 4 de marzo para presentar as súas propostas. A duración do contrato, que engade tanto os prazos de execución como os necesarios para a tramitación da documentación, estímase en 16 meses.
Relacionadas:
-
Losada e Sestayo supervisan o estado e desenvolvemento dos polígonos industriais de Cuntis e Vilanova
Por Redacción |
-
Pontón reclamará a ampliación do polígono do Campiño en 400.000 metros cadrados
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A ampliación do Campiño e a reactivación de Fragamoreira, prioridade do BNG se goberna na Xunta
Por Redacción |
-
Saen a licitación os proxectos de urbanización e parcelamento da cidade do transporte de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Lores e Rueda acordan "darlle unha volta" á variante de Alba e ampliar O Campiño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |