Compromiso para impulsar a "cultura da defensa" en toda a provincia
Por Redacción
O subdelegado do Goberno, Abel Losada, recibiu este venres ao subdelegado do Ministerio de Defensa, o coronel Miguel Cortés, para coñecer o labor deste departamento e comezar a traballar no impulso ás súas actividades en toda a provincia.
O acto serviu tamén para que Cortés se presentara oficialmente ao novo subdelegado, dado que motivos profesionais impediron a súa asistencia ao acto de toma de posesión celebrado a pasada semana.
Abel Losada foi informado de todas as funcións que desempeña a Subdelegación de Defensa, que é responsable das xestións administrativas que teñen que ver coas máis de 4.000 persoas, entre persoal civil e militar, adscritas ao Ministerio na provincia. Ademais comprometeuse a impulsar a difusión da "cultura da defensa" a través do intenso calendario de actividades que a Delegación de Defensa organiza, en colaboración cos concellos.
A maiores coñeceu os detalles sobre as campañas de recrutamento ás que se anotan en torno a 600 persoas ao ano na nosa provincia, das que acaban traducíndose en incorporacións ás Forzas Armadas algo máis dun cento.
Ao tempo, o subdelegado destacou o impacto económico das Forzas Armadas na provincia, que xeran un importante movemento económico que os últimos estudos cifran por enriba dos 80 millóns de euros entre as remuneracións do persoal, contratacións e investimentos.
Relacionadas:
-
Abel Losada comprométese a impulsar a materialización da oficina da Garda Civil en Bueu
Por Redacción |
-
Pontevedra iza a bandeira de España no bicentenario da Policía Nacional
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A Subdelegación de Abel Losada, "un antídoto aos negacionismos e un altofalante para a política útil"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |