A marea verde organiza unha "campaña de resistencia" contra a Lei Wert
Por Oskar Viéitez
O próximo curso debe aplicarse a Lei Wert, ou Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Ensino (Lomce), e a "marea verde" comezou a mobilizarse.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público presentou unha "campaña de resistencia" nos centros contra a reforma educativa que entrou en vigor tras a súa publicación no BOE o pasado 10 de decembro.
Representantes deste colectivo compareceron en rolda de prensa este venres en Pontevedra para presentar unha serie de iniciativas "coidadosas coa seguridade xurídica do profesorado".
Margarita Blanco, de Comisións Obreras, anunciou que a Plataforma pedirá ao Goberno de Núñez Feijoo que faga uso das competencias e lexisle para paliar os aspectos máis lesivos da lei e se minimice o seu impacto na sociedade galega.
O presidente da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Fanpa) e representante de Confapa, Alberto Pita, centrou a súa reclamación no efecto lesivo que terá o cambio dos libros de texto nas economías familiares, demandando a gratuidade dos libros e que se potencie a reutilización a través dos bancos de libros dos centros.
Finalmente Juan Pires, de Fete-UGT, formulou a creación dunha rede de comedores escolares públicos alcanzables a todo o alumnado, a dotación dun sistema complementario de bolsas autonómico en función da renda das familias e rexeitando o financiamento con diñeiro público de dous centros educativos que segregan ao alumnado por sexo.
Relacionadas:
-
Un 'abrazo' ao IES Luis Seoane para protestar polos recortes na educación pública
Por Diego Espiño |
-
Servirán os libros de texto deste curso para o ano que vén?
Por Redacción |
-
Pontevedra móllase contra a Lei Wert
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Plataforma en Defensa do Ensino Público prepárase para a primeira gran batalla contra a Lei Wert
Por Redacción |