A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo, convertida ao fin en realidade
Por Redacción
A rampla axardinada que conecta Sanxenxo co seu porto é xa unha realidade, tras a inauguración este sábado 2 de decembro da nova zona verde.
Trátase da primeira fase do proxecto de remodelación do porto de Sanxenxo, nunha actuación enmarcada dentro da concesión que a empresa municipal Nauta obtivo da Xunta para xestionar o porto ata 2047.
"Todo o que se fixo aquí non lle custou un euro aos veciños, faise cos beneficios que a propia actividad xenera, e así seguirá sendo nas seguintes fases", afirmou o alcalde, Telmo Martín, defendendo o carácter autofinanciable da empresa municipal Nauta Sanxenxo.
Martín fixo estas declaracións nunha inauguración que contou tamén coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.
"Queda perfectamente integrado e falta a súa segunda parte", explicou Rueda sobre unha zona axardinada que, asegura, converterase en "un lugar máis das marabillas que hai Sanxenxo, que hai en Galicia e que seguramente vai ser un referente".
Serán en total máis de 5.000 metros cadrados de zona verde, coa previsión segundo o Concello de poder afrontar canto antes a segunda fase do proxecto, o umbráculo, co obxectivo de poder finalizalo en 2026.
Relacionadas:
-
O aparcamento do porto de Sanxenxo facturou o pasado ano o seu máximo histórico
Por Redacción |
-
467 barcos de dez países recalaron en 2023 no porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A rampla axardinada do porto de Sanxenxo, camiño de converterse nun "xardín naturalista do século XXI"
Por Redacción |
-
Compromiso político para axilizar a ordenación dos portos de Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción |
-
A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo toma forma
Por Redacción |
-
As obras da "Batea en terra" mantéñense durante o verán
Por Redacción |
-
A reconversión do ámbito portuario nunha 'batea en terra' comezará tras a Semana Santa
Por Redacción |