Xuíces pontevedreses estudarán en outubro "medidas e actos de protesta" polos recortes
Por Natalia Puga
A Xunta Xeral de Xuíces de Pontevedra manifesta de forma unánime o seu "malestar debido a la ausencia de voluntad política por la modernización del sistema judicial español" e resérvanse o seu dereito a convocar actos de repulsa contra a situación.
Os 17 xuíces e maxistrados que integran este órgano pontevedrés reuníronse o pasado venres 21 de setembro nun encontro presidido polo xuíz decano, Ignacio de Frías Conde, que decidiu convocar unha nova xunta ao longo do mes de outubro "para analizar la situación y concretar en su caso las medidas y actos de protesta".
Queren deixar constancia da "situación de abandono en la que se encuentra la Administración de Justicia de España".
A xudicatura pontevedresa acordou facer un chamamento ás asociacións de xuíces e fiscais "en orden a una actuación conjunta y coordinada con las Juntas de Jueces, con la finalidad de canalizar ordenadamente las inquietudes y reivindicaciones de los jueces y magistrados de toda España".
Unánime foi, así mesmo, o seu respaldo a todas as denuncias realizadas polas asociacións de xuíces e fiscais a nivel estatal e internacional para "dejar constancia de la situación de abandono en la que se encuentra la Administración de Justicia de España".
Os xuíces adscritos aos diversos xulgados da Parda sumáronse na acta levantada da reunión ao acordo de todas as asociacións de xuíces e fiscais contra as reformas adoptadas polo Goberno central e, en concreto, polo Ministerio de Xustiza. Un acordo ao que xa se adherira a Sala de Maxistrados da Audiencia Provincial nunha reunión previa.