O libro "Parece mentira" de Nuria Roca e Juan del Val pon sobre a mesa as parellas abertas. Unhas relacións que non están exentas de controversia na sociedade actual e que María González aborda neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio.
Nos anos 60 e 70 o movemento hippie avogaba polo amor libre. Neste caso, refire ás relacións de parella co coñecemento e consentimento por ambas as partes para manter relacións sexuais con terceiras persoas. De feito ten varias denominacións: poliamor, ou o anglicismo swingers.
Segundo os datos que achega María González hai estatísticas que cifran nun 5% a poboación española que se recoñece neste tipo de relacións; e tamén hai varias asociacións por todo o territorio español.
"Os tabús, as crenzas, xeran conflitos á hora de falar de sexo ou de erotismo, dentro e fóra da parella. Isto non quere dicir que o 'poliamor' sexa a solución de nada, pero o diálogo na parella no ámbito sexual é fundamental".
"En xeral, aínda non se fala de sexo con normalidade, de pais con fillos, nos centros educativos, etc...", conclúe.