Chegada a primavera prodúcese un reaxuste hormonal. Ésto sumado ás estimulacións externas, fan que efectivamente como di o refrán "a primavera o sangue altera". E falando de alteracións, neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio, María González fálanos do "flechazo".
Enquisados os viandantes, hai unha circunstancia común: en todos a pregunta provoca un sorriso, así que entramos en terreo de benestar. A neurobiología explica que pasa neses momentos. A química, isto é a proxesterona, a testosterona, a oxitocina, ...interveñen nese estado.
Pero, que é para as mulleres? e para os homes?, inflúe o lugar no que esteamos?,canto dura?, por que sentes atracción por un tipo de persoa? inflúenos esa información e crenzas de serie que cada un levamos?
Temos as respostas, ademais de recomendacións bibliográficas, agradecementos e un correo electrónico para que expoñas as túas dúbidas e tamén para que nos poidas contar como foi ou foron os teus flechazos: mariadalelavuelta@gmail.com