Anxo Araújo é pontevedrés, 'músico e tendeiro' segundo defínese nas súas redes sociais. Quedamos con esa primeira faceta e máis tendo en conta que estes días presenta o seu primeiro LP que leva por nome 'Plan de urbanismo para un novo couto mixto'. Un traballo no que el é todo para todo e fíxoo en 'Unha casa calquera', isto é, no seu estudo de gravación.
Nese espazo tamén produce para outros artistas: "un agasallo" segundo conta en PontevedraViva Radio. Con Anxo Araújo foi esixente, introspectivo, autoafirmativo, reflexivo... e comezou cunha 'Canción perfecta', o adianto xa dispoñible do álbum que está á venda a partir deste luns 28.
Charlamos co artífice dun disco de pop que se fixo entre o rock, con diversas bandas ás que pertenceu como baixista durante os anos que estudou e traballou en Santiago. Pero antes, hai outro nome propio do que non se esquece, ao que lembra en 'A playlist' e do que garda gratísimos recordos: o que fose compoñente dos Black Stones, Miguel Guerra.
Na cidade compostelá transcorreu boa parte da súa vida, foise con dezaoito anos e o ánimo de comezar Físicas, pero quedou no intento e pasouse á Programación. De ésto queda mostra na súa web, onde ademais de coñecelo mellor podédeslle botar un 'Pong'.