Anxo Araújo presenta o seu novo videoclip 'Por que tivemos que discutir?'
Por Redacción
Anxo Araújo presenta 'Por que tivemos que discutir?', un single de adianto do seu próximo traballo discográfico.
O artista pontevedrés estreou a nova canción cun vídeo dirixido por David Silva no que se fala de lugares seguros como a casa, a infancia ou o amor.
O seu novo traballo conserva o carácter do primeiro disco 'Plan de Urbanismo para un novo couto mixto' co que foi finalista dos Premios Martín Codax da música galega, pero incorpóranse sonoridades de e instrumentos tradicionais como pandeiros e violíns, acordes de guitarra flamenca e o ritmo das palmas. Ademais mantense intacta a aposta pola esencia pop con ventos e sintetizadores.
'Por que tivemos que discutir?' foi gravado e mesturado entre Estudo Terraforma (O Hío) e Unha Casa Calquera (Poio) e masterizado por Víctor García en Ultramarinos (Catalunya). Ademais de Anxo Araújo á voz, guitarras, baixo e teclados conta con Faus Camaño á batería e percusión, Xacobe Lamas ao violín, Ibán Pérez á trompeta e Daniel Santos ás palmas.
Desde este xoves 1 de xuño a canción atópase en todas as plataformas dixitais.
Relacionadas:
-
O músico pontevedrés Anxo Araújo convida a celebrar a vida co seu novo álbum 'Aprender a bailar'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Os dez lanzamentos' veñen esta semana con novidades de Anxo Araújo e Lontreira
Por Redacción |
-
RADIO.- O músico pontevedrés Anxo Araújo presenta un plan de urbanismo repleto de pop
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |