Xosé Manuel Feijoó
A miña experiencia paranormal e o proxecto "A cada un o seu"
De casualidade coincidín cuns amigos na terraza dun bar, saudámonos co típico: que tal? xa vedes, nunca peor! Un deles despois deste saúdos de cortesía mete a man no peto do pantalón e saca unha memoria USB da que me fai entrega. Este aparello deixárallo facía 10 días cunha determinada documentación.
Dígovos que foi un momento emocional e porqué non tamén para o meu entender PARANORMAL, non estou acostumado a este tipo de actos.
Cantas memorias USB, discos, libros, tebeos, cedés, deuvedés, cassetes, etc, nos deixaron e non devolvemos e viceversa?
Propoño que crear unha rede social, un punto de encontro (o departamento de obxectos perdidos da Policía Local colapsaría) para que podamos recuperar todo o que nos prestaron e prestamos e non retornamos e nos retornaron.
Revisemos pois ás nosas estanterías, caixóns, armarios e comecemos o proxecto "A CADA UN O SEU". Todo este mobiliario doméstico agradeceránolo, especialmente as baldas das estanterías.
Ah, iso sí;ah iso é; ah iso está!
E senón hai vontade,...
Que siga o enterro!