Concello de Ribadumia
O Concello de Ribadumia lamenta o pasamento de Nené Barral, ex alcalde de Ribadumia
Ribadumia enfrontou este xoves a triste noticia do falecemento de José Ramón Barral Martínez, máis coñecido como Nené Barral, quen foi alcalde do noso municipio. O seu pasamento deixa un lugar baleiro, e lémbranos a súa dedicación ao servizo público, o seu compromiso con Ribadumia durante tantos anos e a atención que tiña con toda a veciñanza.
Durante o seu legado como alcalde impulsou proxectos, melloras e xerou moito afecto e respecto entre todos os veciños e veciñas, pois deixou pegada nos corazóns de moitos deles.
O Concello de Ribadumia únese ao loito da familia Barral, lembrando con moito agradecemento a dedicación e entrega de Nené ao longo dos anos. En recoñecemento a todo o que representou para o noso municipio, desde hoxe poñeranse as bandeiras a media asta e o crespón negro.
Nestes difíciles momentos, o goberno local expresa as súas máis sinceras condolencias á familia Barral e aos seus achegados, así como a todos aqueles que comparten a dor desta perda. A súa memoria permanecerá viva en cada curruncho de Ribadumia. Descansa en paz, Nené.