Asociación Vaipolorío
As denuncias reiteradas de Vaipolorío no E.N.I.L. do río Gafos
Son moitas a denuncias que Vaipolorio leva feito por vertidos ilegais no ESPACIO NATURAL DE INTERÉS LOCAL do río Gafos. Da a sensación de que outos E.N.I.L de Galicia gozan de millor saude porque nunca hai dennuncias. Será así?
Son poucos os resultados positivos para acabar con esta práctica ilegal e lacra social. Agás un só no que as Autoridades Medioambientais localizaron ao infractor e actuaron en consecuencia.
No pasado mes de xullo deste ano, houbo incluso un vertido de depósitos de aceite usado, o que ven a ter a consideración de un vertido perigoso.
Algo está a fallar no sistema.
A Lei 6/2021, de 17 de febreiro, de residuos y solos contaminados de Galicia, establece entre outos artigos:
Artigo 26. Obligacións do suxeto productor e outro suxeto poseedor inicial relativas a xestión de residuos.
Os suxetos pequenos productores de residuos que, non estando obligados, non leven o archivo cronolóxico de maneira telemática deberán dispoñer dun archivo físico na instalación a que esté asociada a correspondente inscripción no Rexistro de Productores y Xestores de Residuos de Galicia, a disposición das autoridades competentes, durante un plazo de cinco anos.
Artigo 84. Sancións
-
Multa dende 901 euros ata 45.000 euros, ou desde 9.001 euros ata 300.000 euros de tratarse de residuos perigosos.
-
Inhabilitación para o exercicio de calquiera das actividades previstas nesta lei por un período de tempo inferior a un ano.
Artígo 88. Publicidade das sancións
2) Nos casos de danos medioambientais, a persoa infractora estará obligada a reparación nos termos da normativa vixente sobre responsabilidade ambiental.
En todo este espazo natural non hai un só cartel que advirta dos usos e limitacións do entorno. Nin tan se quera advirte de que se trata de un E.N.I.L.
Sería disuasorio alertar das sancións nas que puideran incurrir os infractores.
Sería mellor unha sociedade na que se cumpriran as normas sin necesidade de sancionar.
Pero este modelo social está lonxe.
Sería bo entender que o que denuncia estas cousas non é peor persoa que o que mira para outro lado en non fai absolutamente nada.
Avanzouse moitísimo na recuperación do río Gafos. Non perdamos unha soa gota do río gañado.
Vertedura de aceite queimado
Gonzalo Sancho Blanco, Presidente de Vaipolorio