Antón Roel Villanueva
Cabaliños de Cartón pedra
A alameda ateigada de xente nos dias ca cidade celebrava as Festas da Peregrina cando ese espazo estrañabel da cidade infrautilizado nos demais días do ano enchíase do balbordo das xentes de todas as parroquias, ca sombriza das Plataneiras centenarias e outras àrbores que noutros tempos viron pasear moitos persoeiros ilustres da nosa historia, para coller folgos arrimados a baranda de pedra cos azulexos pintados por Carlos Sobrino ollavan a paixase mais fermosa da ria, era o banco mais bonito do mundo antes de que fixeran a ponte da autopista que rachou cas vistas, nòs nise espazo sentados cas nosas nais veiamos a tirada dos fogos de luces.
Nise espazo, co recendo de churros e patacas fritidas e amendoas garrapiñadas donde as nubes eran de algodon de zucre ,e as mazàs de caramelo as tombolas do Cubo, as casetas do tiro de balins ca mira torcida, as carreiras de camellos , as rosquillas enfiadas nun pau de bidueiro. Era a alameda un super de a axouxeres e a rúa ao seu caròn , un zoco como un mercado multirracial donde os peruanos eran maioria,logo as atracions de feira cos cabaliños de carton-pedra ,os coches de choque que era a nosa Operacion Triunfo , memorizabamos as letra das cancions de moda para logo crear un grupo de musica que nos levara directamente a fama e gloria.
Era tempo das verbenas donde as estrelas eran as orquestras, por aquel tempo de pan de figo trinfaba ano tras ano o noso Bob Dylan, que traia a resposta no vento dende Seixo un persoeiro entrañabel e imprescindibel da nosa infancia, Jhon Balan cos Yankis, para que queriamos o Beatles ou os Door si o tiñamos a el ,a volta ciclista a tirada de fogos de luces que reflectian na ria ,cando as batallas eran de flores, e nosos persoeiros da Guerra das Galaxias daquela era os xiantes e cabezudos.
Oxala como as andoriñas que volven todos os anos que poidan voltar, cas limitacións por mor da pandemia niste ano todos os titiriteiros feirantes e atracions as nosas festas, eles como moita xente pasarono moi mal sin ningun xeito de axuda, son xentes que viven de ofrecernos un chisco de alegria que teñen dereito como todos a gañar uns cartos para poder comer, con eles chega a alegria e troula as cidades e aldeas traen alegria os cativos ea nòs un sorriso que nistes tempos boa falta nos fai, oxala que nistas festas podan voltar ,as festas sin eles non son festas.
O profesor e escritor, cronista do río dos Gafos Calros Solla seria un bo pregoeiro nas vindeiras festas da Peregrina na nova normalidade ea miña suxerencia , pero iso decideno outros. Que cante o Merlo e destapen o Gafos, e que volva a cultura segura cas Bienales de Arte , e a alegria dos feirantes.