Juan Manuel Rey
Aclaracións a un proceso xudicial aberto
Unha vez máis, quero deixar ben clara a situación sobre o proceso xudicial relativo á licenza de obras outorgada no ano 2000 para a rehabilitación dun edificio da rúa Real, que continuará o seu percorrido agora ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo recurso de apelación presentado polo propio Concello á sentencia dictada polo Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra.
O certo é que esa licenza deuse con todos os informes técnicos e xurídicos favorables, e ter negado naquel momento o outorgamento da mesma podería ter sido calificado como prevaricación. Por iso, a responsabilidade política é CERO.
Nesta fase do proceso demostrouse que a obra da promotora non se axustou á licenza outorgada polo Concello que prevía respetar o edificio preexistente, o que fixo que o xulgado a anulase no ano 2005 por non conservarse o fondo edificable primitivo.
Neste senso a recente sentenza recoñece que “no se puede achacar tal cosa a la administración municipal por la anulación judicial de la licencia, habiendo intervenido (la promotora) en la actual situación que atraviesa la construcción la propia actitud y el abandono que finalmente ha hecho del edificio una vez derribado parcialmente”.
De feito estamos nesta situación pola denuncia dun particular cunhas intencións que non teño claro (ou si). Prexuízos obxectivos non vexo. A situación actual do edificio empeora toda a contorna.
Por outra banda, a oposición no seu día non puxo ningún reparo a esa licenza. Pero eu, ó contrario que a oposición, creo e defendo absolutamente a honorabilidade dos funcionarios e os técnicos que interviron hai máis de vinte anos.
Non digo que sexan poucos os cartos da posible indemnización por responsabilidade patrimonial; é máis, creo que son moitos. Por iso a recurrimos. En calquer caso, nas derradeiras eleccións municipais a oposición falaba de 3,5 millóns de euros; e a recente sentenza reduce a cantidade reclamada a 670.000 euros. Algo avanzamos, digo eu; pero seguiremos defendendo ante o TSXG que o Concello non teña que pagar ningunha cantidade. E se fose o caso, recurriríamos ante o Tribunal Supremo.
Con respecto ás multas coercitivas nada costaron ó Concello. Pagueinas eu a título persoal, e tamén paguei a defensa xurídica, cosa que poucos cargos públicos poderían dicir. E a pesares de que dúas Salas distintas da Audiencia Provincial fallaron ó meu favor, e tendo a posibilidade de que se me devolvesen eses cartos xamais o solicitei. A cifra foi de cinco díxitos.
Para rematar, é certo que no ano 2000 tiña importantes responsabilidades como Tenente de Alcalde, pero curiosamente en Urbanismo nunca tiven responsabilidade directa.
Cando un acepta unha herencia, acepta o bo e o malo. Eu non iba enganado, pero sabía que a responsabilidade política para quen tomou esa decisión era cero.