Claudio Quintillán
21 de Marzo: Día da Árbore
O día 21 de Marzo está nos calendarios de todo o mundo como o Día Internacional dos Bosques, tamén día Forestal Mundial, celebrándose de modo institucional a Festa da Árbore.
Administracións públicas, asociacións, centros de ensino, organizan diversos actos como unha homenaxe a ese ser vivo fundamental para o equilibrio da vida no planeta, organizando charlas, debates, proxeccións, e rematando case sempre cunha prantación simbólica e unha pequena festa.
Segundo os datos dispoñibeis, Galiza foi a primeira da Peninsula Ibérica e incluso da Europa en celebrar esa efeméride. No século XVI, e concretamente en Febreiro de 1569, no actual Concello de Mondoñedo, tendo unha forte implantación ata o extremo de figurar nas normas legáis como algo obrigatorio o prantar árbores.
No século XX, foron moitas as comarcas que en maior ou menor medida realizaban actos para lembrar a importancia das florestas, acadando un compromiso institucional que nalgúns casos como en Cataluña donde contaba co apoio e defusión das administración públicas, e participación das autoridades.
Foi no ano de 1971 cando a ONU/FAO aproba institucionalizar a data do 21 de Marzo como Dia da Árbore, e dende entón, con mais ou menos interese vense contemplando nas axendas dos gobernos, nos centros de ensino, polos colectivos medioambientais, e algúns particulares.
O dia 21 de Marzo, e unha data para a reflexión (como todalas datas de celebración), que non debería ficar illada no calendario.
Cada dia mais, temos que valorizar a importancia das árbores porque delas depende o futuro do planeta: mitigar a contaminación atmosférica, sumidoiro de carbono, reguladoras dos ciclos hídricos, control da erosión, biodiversidade, ..etc.
Vaia éste texto como homenaxe a nosas benqueridas árbores, e motivémonos a realizar as actividades necesarias para ter unha herdanza mais feliz, mais sustentable, cos nosos bosques multivarietales, cas nosas autóctonas. Hoxendia o banco económico do que falaba Castelao cando se refería a madeira, temos que ir pensando en sustituilo polo Banco da Saúde.
Claudio Quintillán, da Asociación Irmandade Illa de Tambo