Beatriz Suárez-Vence Castro
Xoias de papel
Engaiolada polas cores e os debuxos, a nena duns oito anos, miraba cos ollos moi abertos os estantes do outro lado do toldo que cubría o posto .Tan embebecida estaba que non reparou en que eu falaba cos seus país que, pendentes dela, ocupaban coma mín e outros moitos o paseo de Antonio Odriozola.
Interesáballe moito máis que a nosa conversa, aqueles tesouros que a poderían levar onde ela quixese, so con abrilos e escomezar a viaxar polas suas páxinas.Gustában lle todos tanto,que non era quen de escoller un só. Uns falaban de reinos de xeo. Outros de piratas, de animáis fantásticos ou de fadas e trasgos, de xardíns máxicos e de todo o que a imaxinación dos escritores e ilustradores verten a través das suás plumas nas follas, para que os nenos e nenas como ela, e tamén os adultos, podamos disfrutar do valor inmenso dos libros.
Non moi lonxe dela, noutro dos postos da Feria un home amosáballe o seu neto os segredos da Ciencia, de todo os que os homes inventaran moito tempo antes de que él, e mesmo o seu abó ,naceran. O rapaz non apartaba a vista do libro. O abó preguntoulle se estaba seguro de que lle gustaba e o neno fixo un aceno coa cabeza que non deixaba lugar a dúbida.
Xente de todalas idades pasaba a carón deles preguntando polos títulos que lles interesaban, pescudando, intercambiando opinións cos libreiros, nesta edición da Feria do Libro pontevedresa que non podería atopar mellor lugar para celebrarse que o espazo contiguo a Ferrería. Sempre foi un lugar especial que moito antes de encherse de libros foi coñecido polos pontevedreses como Calle del Chocolate por mor da cor oscura que tinguía o pavimento e a sua división en losetas.
Fixen cola nun posto para que Luís Davila, O Bichero, me axudase a facer co seu talento un regalo moi especial. Coa información que eu lle ía dando sobre a persoa a que quería adicar o libro, él ia debullando unha caricatura agarimosa e axeitada. O asombro dos nenos que atopara nos postos anteriores era igual ó dos adultos que veíamos ó artista manexar o rotulador azul de punta grosa con semellante destreza que non tiña que preocuparse por correxir o trazo.
A Feira devólvenos todos os anos os maiores e descobre os máis pequechos, o gusto polo artesán, o placer de tocar, e mesmo de ulir os libros, o tacto rugoso das cubertas, a beleza das ilustracións, o cuidado de moitas das edicións. Todo o que arropa ao contido que nos vai transportar na lectura do cotia ó extraordinario.
O momento en que un home ábrelle ó seu neto as páxinas dun libro para lelo xuntos, non se pode comparar co xesto de acender un libro electrónico. Atopar unha foto dun momento bo con alguén querido entre as follas, o debuxo ou a lenda do marcapáxinas; o alarde de inxenio xeneroso de Davila recén saído do forno coma pan quentiño, é algo que precisa dun soporte que pode perfectamente convivir coa tecnoloxía, pero que non deixará nunca de existir: o papel. Porque o arrecendo a novo ou as marcas que deixan nos libros antergos outras mans que viaxaron por el antes cas túas só se pode percibir a través do material do que para os que amamos a lectura están feitas as xoias: o papel.