Andaríns do Val do Lérez
Serpe riscada ou cobra de escada. Rhinechis scalaris. Culebra de escalera
Especie: Cobra grande. A coloración dorsal entre amarelento e ocre. Ten dúas liñas lonxitudinais de color negra ou pardo escura nos adultos. Algúns exemplares adultos teñen unha mancha escura dende o ollo á comisura da boca, máis frecuente nos xuvenís e cun debuxo dorsal, con dúas liñas lonxitudinais atravesadas por outras transversais facendo un debuxo en forma de escada de man (de onde lle ven o seu nome).
Hábitat: Prefire lugares con moito sol, principalmente en terreos secos e pedregosos. Podémola atopar tamén en muros, piñeirais, campos de labor e ás veces en zonas de rochas ao bordo do mar.
Tamaño: Normalmente entre os 130 e 150 Cm.
Curiosidades: Polas noites, podémolas ver nalgunhas estradas, aproveitando a calor retida no asfalto. Esta cobra cando se lle molesta ou acurralada móstrase bastante agresiva, abrindo a boca e tentando morder.
Ameazas: Os incendios forestais, atropelos nas estradas polo costume de aproveitar a calor polas noites. Tamén vítima da "persecución cultural" que sofre.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez