Manuel Pérez Lourido
Valle-Inclán, vixente
Gafas escuras, faciana de poucas amigas, pelaso negro (marca da casa); Isabel Pantoja ocupa media foto nun auto que avanza cara a súa nova residencia: o trullo. Xa se sabe que para participar nesta sección de opinión hai que ter unha opinión de calquera cousa imaxinable... ou senón inventala.
A miña opinión sobre o confinamento da Pantoja no cárcere de Alcalá de Guadaira é moi pouco elaborada: se a meten é porque algo fixo. Quero dicir, co parné que ten e as posibilidades de xerar máis aínda, se no fixera algo malo que se puidese demostrar, alí non pisaba. Aínda por riba seica deu mostras no xuízo de arrepentimento senón de divismo. Están os xuíces como para aturar divos e divas.
Ese prodixio de naturalidade que ten por fillo dixo que odiaba este país e que Isabel ten sufrido o maior ataque mediático da historia da televisión. Vale, o primeiro compartímolo máis de media España, sobre todo nestes últimos tempos. Pero, que sería de Kiko Rivera e da súa nai sen "os medios?. Sen eles se fai unha carreira artística, no caso da nai; nin un... nin unha...nin unha carreira de sacos no caso do fillo.
Isabel Pantoja foi detida en 2007 e agora ingresa en prisión, despois de xa o fixeran o seu ex-compañeiro Julián Muñoz e a ex-dona de este Maite Zaldívar. Os tres por branqueo de capitais e o señor Muñoz ademais por malversación e prevaricación no caso Minutas, que levou tamén ao cárcere a o ex-presidente do Sevilla, Del Nido. Del Nido facturaba diñeiro público por servizos que non prestaba. O mesmo que Urdangarín. Foi comezar a falar dos delitos da Pantoja e xa saíron catro persoas a colación. ÿ o que ten o sector delituoso nacional. Non sei como nos cárceres non poñen salas VIP.
Hai cousas que é mellor tomalas a risa que poñerse a chorar ou a pegar tiros.
Disque os beduínos, pobo moi hospitalario, invítante a café e cando pensan que abusaches da súa amabilidade, póñenche media cunca; así captan a túa atención e fanche saber que xa chegou o tempo de que marches. Eu poñíame a repartir medias cuncas de café escano arriba, escano abaixo. "Está vostede mesturando a política coa delincuencia común, está xa pensado alguén. Home, home, non me faga falar.
Algo hai que facer, algo temos que argallar. Os habitantes deste país de países non somos tan parvos. O outro día mirei unha entrevista a Francisco Nicolás. Vivimos nun tempo no que Valle-Inclán está de actualidade.