Tribuna Viva
A Xunta de Personal Docente esixe a demisión do conselleiro de Educación
A permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra esixe a demisión do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez.
A sentenza do Tribunal nº2 de Compostela que anula parcialmente a convocatoria do Concurso de Traslados vén rematar un curso marcado pola incompetencia do conselleiro de Educación e a renuncia a exercer as súas responsabilidades.
Os niveis de improvisación e absentismo neste curso non aconteceran en décadas.
A suspensión do Concurso de Traslados implica graves consecuencias para a ordenación do curso escolar 2014/15 e para a organización da vida persoal e familiar de miles de traballadoras e traballadores, funcionari@s definitiv@s, interin@s e substitut@s do ensino público.
Esiximos do conselleiro, Xesús Vázquez, que, coa máxima urxencia, resolva esta situación sen prexudicar os dereitos das persoas afectadas garantindo todas as fases do concurso e publicando instrucións sobre o calendario e fases desta nova adxudicación.
Reiteramos a esixencia da súa demisión!
Asdo.
Xabier Pérez Davila
Presidente da XPD Pontevedra
Asinan este comunicado as organización sindicais integradas na XPD da provincia de Pontevedra CIG-ensino, Fete-UGT, CCOO e STEG que suman 40 representantes dun total de 43 (93%).