Segunda xornada do Campionato Galego de Pista
O Kaiak Tudense, por equipos, Teresa Portela, Paulino Outeiro, André Oliveira e Rebeca Vázquez, foron os triunfadores na segunda xornada do Campionato Galego de Pista que se clausurou en Verducido. A competición rexistrou a presenza de 34 clubs, máis de mil embarcacións, setecentos deportistas e disputáronse 167 regatas ao longo de dous días. Nunca antes se lograra estas cifras