O Cisne estrea a súa cuadrícula de triunfos ao impoñerse con comodidade (31-23) a un frouxo Embutidos Lalín
Por Ramiro Espiño
O excelente arranque da segunda parte foi clave para que o Cisne estrease a súa cuadrícula de vitorias esta tempada. Os homes de Milucho basearon o triunfo no excelente labor en portaría de Galán, unida á facilidade anotadora de Pablo Domínguez.
Tras unha primeira parte na que o Cisne tomou a dianteira pero non logrou marchar no marcador, os lalinenses víronse incapaces en ataque, con só cinco goles en quince minutos, circunstancia que aproveitaría o equipo de Milucho Pintos para asegurarse unha cómoda renda que iría ampliando paulatinamente ata chegar a unha cómoda vitoria.
Mesmo a dobre mixta ordenada polo adestrador lalinense, Budi, nos últimos instantes tivo o efecto contrario ao pretendido, servindo unicamente para elevar os algarismos do eletrónico.
CISNE: Galán, Pablo Domínguez (9), Andrés Sánchez (6), Casares (2), Javier Vázquez, Patxi, Adrián Freiría (6) -sete inicial- Bruno, Chan, Martín (4), Pablo Rey (1), Miguel Simón e Daniel Puente (3).
EMBUTIDOS LALÍN: Pablo Pedreira, Pincho (5), Gustavo (6), Adrián (1), Cristian, Canario (2), Marco (4) -sete inicial- Iago, Ramón (2), Tate, Losón (1), Brais, ÿscar e José (2)
Árbitros: Marcos Pérez e Martín Rodríguez (Galicia). Excluíron a Chan, Rei, Puente, Pincho, Cristian e Adrián.
Marcador (cada 5 minutos): 4-2, 6-3, 7-5, 10-8, 11-10, 13-12 (descanso); 17-14, 19-15, 21-16, 23-19, 25-20, 31-23 (final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Ao redor de oitenta espectadores.